Singularidade
Balarés non é simplemente unha praia situada na Costa da Morte, no concello de Ponteceso. Este lugar ofrece a quen camiña ao seu paso un espazo de tranquilidade e benestar ofrecido pola propia natureza. Sempre tivemos claro que este era o lugar axeitado para o noso proxecto definitivo; Soñabamos cun hotel con vistas á praia e habitacións entregadas totalmente á paisaxe e, ao mesmo tempo, cun restaurante familiar e acolledor no que poder gozar das materias primas que nos distinguen, dos sabores máis autóctonos e xenuínos.
Este espazo garante unha experiencia non só culinaria senón tamén un paraíso natural, un pracer para os cinco sentidos. Este ambiente acolledor lévanos ás cociñas de antano, todo xira arredor da calor dos fogóns e da súa vella lareira, ese espazo de encontro de todos os fogares galegos sinónimo de proximidade e unidade familiar.
Agardámoste en Balarés, cabo de pinal espeso.
Silvia Facal & Rafa Varela.
A privilexiada contorna natural na que nos atopamos, un casco rural histórico situado nunha zona de especial protección ambiental, garante a exclusividade, tranquilidade e pureza do entorno, ideal para un descanso idel en plena natureza. Estamos a poucos metros da praia de Balarés e con todos os nosos espazos abertos polos catro lados á paisaxe natural que nos rodea.
Arredor dunha antiga casa de pedra e dun hórreo, de máis de cen anos, desenvolvemos novos espazos respectuosos co medio que nos rodea. Cun proxecto sostible, arranxamos seis apartamentos, con habitacións cálidas e coidada decoración, con todo o equipamento necesario para unha cómoda estadía autónoma e tamén todos os servizos dun Hotel para que elixas a forma de gozar do teu descanso.
Somos Silvia Facal e Rafa Varela, profesionais da hostalería por vocación. Despois de moitos anos desenvolvendo a nosa carreira fóra da nosa terra, decidimos volver ao noso lugar de orixe e converter a casa dos nosos avós nun espazo gastronómico e hostaleiro, homenaxeando a súa hospitalidade e continuando co seu legado dedicado ao coidado deste pequeno paraíso. Durante anos tratamos de levar os mellores produtos da Costa da Morte a outros lugares, a través da nosa gastronomía; Agora queremos que veñades gozar deles aquí, no seu entorno natural.
Xestionamos persoalmente o aloxamento, a cociña e o salón. Ocupámonos, todos os días, da procura dos mellores produtos locais, directamente do produtor, convencidos de que, ademais da indubidable calidade que obtemos, contribuímos ao desenvolvemento dunha economía circular clave para o noso entorno, unha despensa natural de marisco e da terra que estamos obrigados a valorar.