EXPERIENCIAS
Descobre a Costa da Morte co noso apaixoante paquete de viaxes en furgoneta clásica. Os nosos hóspedes explorarán as nosas vilas de pescadores, praias e impresionantes solpores. Con itinerarios planificados e a liberdade de explorar ao teu ritmo, esta experiencia ofrece a combinación perfecta de aventura e comodidade.
Coa colaboración dos nosos amigos de Alalá Terra e Sons
VAN CLÁSICA
Nunha Volkswagen de 1974 viaxaremos para descubrir os tesouros que agocha a nosa contorna, os seus lugares e lendas. Experiencias guiadas con capacidade para ata 8 pasaxeiros.
KILÓMETRO CERO
Descobre o auténtico KM0 viaxando aos mercados locais para coñecer o traballo de produtores, artesáns e pescadores.
Experiencias únicas que resaltan os tesouros da gastronomía local.
SOLPORES
Dende Monte-Branco, Punta da Facha e O Roncudo pódense contemplar os mellores solpores da Costa da Morte. Un espectáculo único da natureza nos últimos lugares da Europa continental onde se pon o sol.
VIVIR AMODIÑO
A nosa “slow life” galega, unha forma de gozar do entorno que nos rodea en perfecta harmonía coa natureza.
Coa túa reserva no hotel recibirás un enlace á nosa aplicación web, onde atoparás toda a información, rutas, itinerarios e prezos desta e doutras actividades.