top of page
_F1A3732.jpg

BALARES BOUTIQUE HOTEL***

Situado xunto á praia de Balarés, na Costa da Morte, no noso encantador hotel poderás gozar dunhas magníficas vistas nun entorno natural privilexiado. Un hotel aberto á paisaxe nun entorno natural de ensoño onde descansar e relaxarse á beira do océano Atlántico. A nosa localización nun espazo natural, zona de especial protección, é garantía de tranquilidade e de perfecta conexión coa natureza.

 

[Non é posible acceder con mascotas]

_DSC7322_edited.jpg

-Aloxamento-

A Barda

Apartamento de 45 m2 con 2 dormitorios, ideal para unha familia de 2 adultos e ata 2 menores ( de 10 a 16 anos, non recomendado para mais pequenos) . Cuarto de baño con ducha e salón-cociña totalmente equipada. Vistas ao mar e ao bosque en todas as súas estancias. 1 cama de matrimonio 150 e 2 liteiras 90. Lareira de leña. Terraza. O aloxamento ideal para unha estadía familiar coa máxima comodidade.

 

A Barda é unha pequena cala paradisíaca próxima que vos invitamos a descubrir onde gozar da paz e tranquilidade que ofrece este espazo.

-Aloxamento-

O Roncudo

Apartamento de 35 m2 apto para 2 adultos. Cama de matrimonio de 150, baño-ducha e salón-cociña totalmente equipada. Vistas á natureza en toda a estancia. Un aloxamento confortable con lareira de leña e terraza.

 

Este apartamento toma o seu nome do famoso Faro do Roncudo de Corme, zona percebeira por excelencia e de visita obrigada para contemplar a extraordinaria forza do mar.

02 detalle rotulo.jpg
03 detalle rotulo.jpg

-Aloxamento-
Pedra da Serpe

Apartamento de 40 m2 apto para 2 adultos. Cama de matrimonio de 150, baño-ducha e amplo salón comedor con cociña totalmente equipada. Vistas á natureza dende todas as súas estancias e ao mar dende a terraza privada. Lareira de leña.

A Pedra da Serpe é unha enigmática pedra rupestre que podes descubrir percorrendo un dos sendeiros que unen Balarés e Corme.

- Aloxamento
Monte Branco

Apartamento de 45 m2 apto para 2 adultos. Cama de matrimonio 150, salón-cociña totalmente equipado e baño-ducha. Lareira de leña e terraza. Está adaptado a persoas con mobilidade reducida.

 

O Monte Branco é a duna rampante máis alta de Europa, unha montaña de area branca e fina pola que podes pasear nun agradable paseo dende o hotel e descubrir a súa interminable praia virxe de area fina e as dunas que están aos seus pés.

04 detalle rotulo.jpg
_DSC5729.jpg

-Aloxamento-
A Tiñosa

Apartamento de 40 m2 para 2 adultos. Dispón de cama de matrimonio de 150, baño-ducha e salón-cociña. Situado no primeiro andar do hotel-restaurante, acceso por escaleiras interiores. Sen terraza. Vistas ao mar dende a cociña-salón.

A Tiñosa é unha fermosa illa situada ao pé do Monte Branco que podes visitar coa marea baixa ao pasar pola praia da Barra.

- Aloxamento
A Furna

Habitación dobre de 17 m2 con vistas ao mar. Cama de matrimonio de 150 e baño con ducha.

Está situado no primeiro andar do hotel-restaurante e accédese por unhas escaleiras interiores.

 

A Furna está situada na praia de Osmo e é unha cavidade rochosa producida pola acción natural do mar e chea de lendas e acontecementos máxicos.

IMG_7801.jpeg

A nosa política para familias con menores

As familias son benvidas en Balarés, pero hai que ter en conta que o hotel non está preparado para nenos e está especialmente orientado ao relax e descanso dos nosos hóspedes, sendo o silencio e a calma que nos rodean unha das nosas singularidades.

Os menores de idade deberán permanecer cos seus pais/titores no aloxamento 01A Barda, especialmente indicado para parellas con fillos, pero ten en conta que son liteiras e non contan con elementos extraordinarios de protección-seguridade. Só recomendamos o seu uso a partir dos 10 anos. Non temos camas supletorias

Teña en conta que todos os nosos mobles están feitos de materiais nobres, coidadosamente seleccionados e non aptos para a manipulación infantil.

Pedimos aos nosos hóspedes con nenos que respecten as zonas axardinadas comúns, onde está prohibido xogar á pelota, usar patinetes, bicicletas, etc., tendo especial coidado de non invadir as zonas de terrazas dos demais apartamentos. O noso restaurante non ten menú infantil.

Lembra sempre aclarar na túa reserva se viaxas con nenos e as súas idades.

Reservámonos o dereito de facturar calquera dano.

Moitas grazas pola túa comprensión

bottom of page