RESTAURANTE
Dende a terraza do noso restaurante, con vistas ao océano Atlántico, pódese gozar da cociña de Silvia Facal, unha cociña de mercado claramente ligada ao territorio e á paisaxe que nos rodea. Comprometidos coa sustentabilidade e o territorio, empregamos produtos da nosa propia horta e de todo tipo de produtores próximos cos que establecemos unha relación directa, contribuíndo a unha economía circular clave para o desenvolvemento do medio no que nos atopamos. O respecto polas estacións de cada produto e o control absoluto da trazabilidade garanten unha oferta honesta e sostible que varía continuamente segundo o mercado.
Non é necesario estar aloxado para gozar da nosa gastronomía. Os nenos deberán permanecer en todo momento na zona do restaurante, respectando o resto dos que se hospeden no hotel. Prohíbese xogar á pelota, correr e usar patinetes no xardín. Non temos menú infantil pero o menú ten opcións válidas para todas as idades.
Agradecemos que nos informe, no momento de facer a súa reserva, de calquera alerxia ou intolerancia alimentaria para que poidamos planificar a adaptación do menú.
Non é posible acceder con mascotas.
A PAISAXE
Entregados á paisaxe onde nos atopamos, dende cada unha das mesas de comedor o panorama é unha postal, co mar e a praia de Balarés sempre no horizonte. A natureza introdúcese nas habitacións e a tranquilidade está garantida.
ESPAZOS
Unha cociña aberta o carón da centenaria lareira dos noso avós, unha mesa única na cociña e unha terraza con vistas o mar que no verán prolóngase ate o xardín. Un aforo moi limitado que garante a exclusividade e tranquilidade da experiencia de comer en Balarés.
CONCEPTO
·Un menú (60€) con pratos de tempada onde escoller diferentes opcións.
·Un menú de mercado (65€) tipo degustación, baseado en produtos locais e locais, que Silvia deseña segundo mercado, estación e inspiración. Consta dun aperitivo, dous entrantes, peixe, carne e dúas sobremesas.
· Menús personalizados para ocasións especiais.
PRODUTO
Todos os produtos que temos son locais e chegan a nós directamente dos seus produtores. Non só obtemos unha calidade inmellorable, tamén contribuímos a unha economía circular clave para o desenvolvemento do medio rural no que nos atopamos e para a promoción do noso territorio.
O noso proxecto quere ser unha canle de promoción de toda a despensa que nos rodea, que ademais da súa inigualable calidade conforma unha economía circular clave para o desenvolvemento sostible do medio rural no que nos atopamos.
En 2024 fomos recoñecidos co noso primeiro SOL da Guía Repsol .